Amence o domingo 23 algo nublado, pero un pequeno grupo de sendeiristas prepara xa as viandas que pensan degustar á beira do rio Eume.
As 8, xuntámonos na casa da cultura e partimos bulideiros cara a Pontedeume.
Xa no noso destino, sae ó noso encontro un agarimoso sol. Alí, agardanos o membro máis novo do grupo, Leire ( con 3 mesiños ).
Comenzamos a camiñar ledos e con bo ánimo, cruzamos a ponte de Cal Grande e logo nos mergullamos nun mundo máxico donde ninguén se abraiaria de ver un trasgo ou mesmo unha meiga...
O noso camiño discorre paralelo ó rio Eume por un sendeiro pedregoso pero moi chao, agás unha pequena costa. Logo de 7 kilómetros aprox., chegamos ó remate na ponte de Caaveiro, e subimos visitar o mosteiro do mesmo nome,que data do século X. Desde o alto temos unha fermosa vista das fragas do Eume.
Logo baixamos ós merendeiros e damos boa conta das nosas viandas á sombra de bidueiros e avelaos.
E unha ruta moi fermosa e moi sinxela, para poder disfrutar da paisaxe.
Laura Ledo
miércoles, 26 de agosto de 2009
Descricion da ruta
Ruta fácil de facer.
Comenzamos a ruta ó lado do merendeiro ata onde deixan chegar ós coches, seguimos a estrada ata a primeira ponte colgante, cruzamos o río e seguimos pola marxe esquerda deste ata o mosteiro de Caaveiro.
Comenzamos a ruta ó lado do merendeiro ata onde deixan chegar ós coches, seguimos a estrada ata a primeira ponte colgante, cruzamos o río e seguimos pola marxe esquerda deste ata o mosteiro de Caaveiro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)